Rachando mitos

AS APOSTAS
NON SON
SABEDORÍA.
SON AZAR

AS APOSTAS
NON SON
SABEDORÍA.
SON AZAR

O xogo de apostas pretende potenciar na persoa que xoga a ilusión de control (coñecemento do deporte, dos equipos, manexo de estatísticas e datos especializados.....), o que lle fai pensar que ese “coñecemento” e “habilidade” o vai facer gañar máis, polo que provoca máis enganche e cobiza. Ademais, o imprevisible do desenvolvemento dun partido e as múltiples posibilidades de aposta, inducen a apostar máis, multiplicándose a “emoción” e a “tensión”, pero realmente estamos a falar de combinatoria, estatística e azar.

AS APOSTAS
NON SON
UN MECANISMO
PARA INTEGRARTE
NUN GRUPO.

AS APOSTAS
NON SON
UN MECANISMO
PARA INTEGRARTE
NUN GRUPO.

Aquela mocidade que pensa que para sentirse aceptada dentro dun grupo debe de acceder ás apostas, está sufrindo a presión de grupo. Non tes que facer o que non desexas, e se ese grupo non é capaz de aceptar a túa negativa, o mellor é desfrutar de mil cousas máis divertidas co xogo de apostas con quen te acepta e respecta.

AS APOSTAS
NON SON
UN MEDIO EFECTIVO
PARA GAÑAR CARTOS

AS APOSTAS
NON SON
UN MEDIO EFECTIVO
PARA GAÑAR CARTOS
Apostando perdes cartos

A persoa xogadora cre que as apostas son un medio de obter “diñeiro fácil”, e tende a esaxerar as ganancias e ocultar as perdas para transmitir a imaxe de persoa gañadora. A realidade é que estamos ante un negocio que move miles de millón de euros, no que as gañadoras son as casas de apostas, e a persoa que xoga, é o cliente necesario para obter grandes beneficios.
lembra que a banca
lembra_banca_movil

Sabías que...

AINDA QUE
O XOGO DE APOSTAS
NON ESTÁ PERMITIDO
PARA MENORES...
O 25´5% dos estudantes de 14 a 18 anos xogaron cartos no último ano. 1 de cada 4 menores xogaron algunha vez en xogo presencial ou en liña, amosando unha problemática en constante aumento, na que a mocidade está cada vez máis exposta.
O 44´8% DAS PERSOAS CON PROBLEMAS DE LUDOPATÍA COMEZARON A XOGAR ANTES DOS 18 ANOS.
Isto demostra o perigo de iniciar a idades temperás o xogo de apostas, xa que na adolescencia estamos nun proceso de crecemento e maduración (desenvolvemento da área prefrontal do cerebro encargada, entre outras funcións, da toma de decisións e o manexo das emocións) que nos fai moito máis vulnerables.
O XOGO EN LIÑA PRESENTA
CARACTERÍSTICAS QUE
AUMENTAN A PROBABILIDADE
DE XERAR UNHA ADICCION
  1. O ANINIMATO. O mozo ou moza ten moitas facilidades para agochar a súa identidade real
  2. DISPOÑIBILIDADE ÁS 24 HORAS. A través do móbil o xogo en liña é accesible en calquera momento e lugar.
  3. O USO DE CARTOS VIRTUAIS. Provoca ter un menor control e consciencia sobre os cartos que se están xogando en cada momento.
  4. A INMEDIATEZ. O xogo en liña persigue de forma moito máis directa o beneficio, a inmediatez, a velocidade e o máximo aproveitamento de calquera oportunidade.
O USO INTENSIVO DE INTERNET DENDE IDADES TEMPERÁS É UN RISCO
Internet é unha ferramenta moi útil, pero que especialmente no caso de menores, debe ser utilizada con control, tanto no tempo de uso, como aos contidos aos que se acceden, entre os que se atopan as páxinas de apostas en liña.
01

AINDA QUE O XOGO DE APOSTAS NON ESTÁ PERMITIDO PARA MENORES o 25´5% dos estudantes de 14 a 18 anos xogaron cartos no último ano. 1 de cada 4 menores xogaron algunha vez en xogo presencial ou en liña, amosando unha problemática en constante aumento, na que a mocidade está cada vez máis exposta.

02

O 44´8% DAS PERSOAS CON PROBLEMAS DE LUDOPATÍA COMEZARON A XOGAR ANTES DOS 18 ANOS.
Isto demostra o perigo de iniciar a idades temperás o xogo de apostas, xa que na adolescencia estamos nun proceso de crecemento e maduración (desenvolvemento da área prefrontal do cerebro encargada, entre outras funcións, da toma de decisións e o manexo das emocións) que nos fai moito máis vulnerables.

03

O XOGO EN LIÑA PRESENTA CARACTERÍSTICAS QUE AUMENTAN A PROBABILIDADE DE XERAR UNHA ADICCION

  1. O ANINIMATO. O mozo ou moza ten moitas facilidades para agochar a súa identidade real
  2. DISPOÑIBILIDADE ÁS 24 HORAS. A través do móbil o xogo en liña é accesible en calquera momento e lugar.
  3. O USO DE CARTOS VIRTUAIS. Provoca ter un menor control e consciencia sobre os cartos que se están xogando en cada momento.
  4. A INMEDIATEZ. O xogo en liña persigue de forma moito máis directa o beneficio, a inmediatez, a velocidade e o máximo aproveitamento de calquera oportunidade.
04