Mocidade libre de apostas

Prevención e detección precoz

As motivacións para o xogo de apostas

A nivel xeral, gañar diñeiro é a principal motivación que leva ás persoas para participar en xogos de azar (sinalada polo 82,9% das persoas que xogaron algunha vez), seguida abastante distancia do costume ou a tradición e a diversión.

Principais motivacións para xogar das persoas que participaron en xogos de azar

Algunhas persoas que experimentan trastornos de ansiedade, depresión, tensión, etc. ou que senten angustiadas usan os xogos de azar para tratar de «escapar» dos seus problemas ou para adormentar a dor causada por problemas pasados ou actuais.

A mellora da comunicación dentro da familia

A importancia do manexo das emocións

Para o mellora da comunicación na familia un dos elementos fundamentais é o manexo e regulación das nosas emocións ,e por tanto das competencias que nos permiten xestionar axeitadamente as diferentes situacións no seo familiar.

As competencias emocionais podemos dividilas en dúas: A competencia persoal e a competencia social.

A) Competencia persoal

Estas competencias determinan o modo en que nos relacionamos connosco mesmos.

Achegas para docentes

Ademais da información incluída no apartado de prevención a continuación achegamos algúns recursos que poden ser de utilidade para o profesorado de cara a abordar a temática do xogo de azar co alumnado.

Progresivamente ao longo da campaña Vas picar?. Mocidade libre de apostas, iremos incluíndo novos materiais e elementos didácticos de interese:

O que non queren que saibas sobre os xogos de azar.

A onde acudir en caso de precisar axuda

No caso de que ti ou persoas próximas a ti, teñan un problema co xogo, e precises axuda para afrontar a situación, a continuación achegamos os datos de contacto dalgunha das entidades máis relevantes en Galicia a hora de desenvolver tratamentos para afrontar a adicción ao xogo.

A asociación Agalure ofrece atención psicoterapeútica e xurídica e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social das persoas afectadas por ludopatía ou outras adicións comportamentais, ademáis de atención e asesoramento ás familias.

A asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA) ofrece atención psicoterapeútica ( a través das terapias de autoaxuda) como escenario perfecto para acadar o obxectivo final da abstinencia da conduta aditiva. Existe tamén un amplo traballo coas familias como ferramenta de apoio fundamental para a abordaxe integral do problema de adicción ao xogo.