Aviso legal

Responsable do Portal (eunonpico.gal)

Departamento de Xuventude (Concellaría de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas)

R/Frei Rosendo Salvado 14-16

15705

Santiago de Compostela

Tfno: 981 543 001

CIF: P-1507900-G

Delegado de protección de datos: eunonpico@gmail.com

Xeral

Os usuarios e usuarias do Portal poden navegar sen necesidade de revelar a súa identidade. Soamente para poder acceder aos servizos que dispoñan de xestión ou trámite específico haberán de introducir os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.

O Departamento de Xuventude reservase a facultade de realizar actualizacións e modificacións sobre a información contida no Portal en calquera momento e sen previo aviso.

Responsabilidade

O Departamento de Xuventude exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

O contido do presente sitio web emítese a efectos meramente informativos, e non substitúe a publicación oficial de leis, actos ou outras disposicións que legalmente haxan de publicarse ou notificarse persoalmente aos interesados.

O Departamento de Xuventude non pode garantir que a información publicada no Portal estea libre de erros ou que se contido estea actualizado.

O Departamento de Xuventude non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen ocasionar polo uso ilexítimo ou inadecuado de ferramentas ou informacións contidas no Portal, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Ligazóns a outros sitios web

Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de ligazón que desde páxinas de terceiros dean acceso directo ao sitio web do Departamento de Xuventude. O Departamento de Xuventude non se responsabiliza en ningún caso nin respecto dos contidos nin respecto de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos deste Portal, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade do Departamento de Xuventude ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso entenderase que se concede licenza algunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito do seu titular.

Isto sen prexuízo de que no Portal se publiquen contidos baixo licenzas específicas para o cumprimento dos obxectivos en canto a transparencia, datos abertos e reutilización de información pública.

Protección de datos

Os datos facilitados polos usuarios en determinados formularios que o Departamento de Xuventude pon á súa disposición neste portal, incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais

A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas, o cumprimento dunha obrigación legal, o cumprimento dunha misión realizada en interese público, a protección de intereses vitais, ou a execución dun contrato.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais. Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

EXERCICIO DE DEREITOS: As persoas interesadas cuxos datos estean a ser tratados polo Departamento de Xuventude na presente campaña poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia.
Para o exercicio destes dereitos, a persoa interesada poderá escribir a eunonpico@gmail.com ou presentarse no propio Departamento de Xuventude e solicitar o trámite, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou realizar consulta algunha de carácter legal.